1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
  • Subvencións 2018 Proxectos Sociais
  • Subvencións 2018 Proxectos Sociais
Subvencións 2018 Proxectos Sociais

Subvencións 2018 Proxectos Sociais

Subvencións 2018 Proxectos Sociais

Subvencións 2018 Proxectos Sociais

Previous
Next

Corrección de erros da convocatoria de Concurso Público para a Concesión de Subvencións para Proxectos de Prestación de Servizos Sociais para o ano 2018

Publicase a continuación o texto íntegro do Anuncio en relación a corrección de erros da convocatoria de Concurso Público para a Concesión de Subvencións para Proxectos de Prestación de Servizos Sociais para o ano 2018. (BOP nº 1 Martes de 2 de Xaneiro de 2018).

Boletin Oficial Provincia de Ourense nº 240, Xoves, 18 de Outubro 2018

 I.DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

 Anuncio

 A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense, na súa reunión do 23 de xullo de 2018, acordou aprobar a resolución da convocatoria de concesión de subvencións para proxectos de prestación de servizos sociais para o ano 2018, publicada no BOP n.º 27, de xullo de 2018, para xeral coñecemento.

Unha vez advertido un erro na referida resolución, consistente na contía subvencionada ao proxecto “Coeducando: A educación como motor do cambio social”, da Asociación de Mulleres Arandeira, corríxese este, quedando do seguinte xeito:

CIF; Entidade; Proxecto; Liña; Puntuación valoración primaria; Puntuación valoración secundaria; Puntuación total; Contía para conceder G32261979; Asociación de Mulleres Arandeira; Coeducando: A educación como motor do cambio social; B; 43; 21; 64; 2.676,00 €

Contra este acordo pódese interpor, potestativamente, un recurso de reposición ante a Xunta de Goberno desta Deputación, no prazo de 1 mes, como trámite previo ao contencioso-administrativo, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado Provincial do ContenciosoAdministrativo, no prazo de 2 meses, sen que se poidan compaxinar ambos os dous recursos. Os prazos indicados computaranse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

 Ourense, 11 de outubro de 2018. O presidente.

 

Resolución da convocatoria de subvencións para a prestación de servizos sociais para o ano 2018

No BOP do 27 de Julio de 2018 pubícase o anuncio da resolución da convocatoria de subvencións para a prestación de servizos sociais para o ano 2018.

Descargar anuncio

 

19-06-2018. FIN DO PRAZO DE ALEGACIÓNS A PROPOSTA RESOLUCIÓN PROVISIONAL ENTIDADES SOCIAIS 2018

Segundo se establece na base sétima das bases da convocatoria a Proposta Provisional de Resolución será sometida a trámite de audiencia aos interesados por prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte da publicación. Por conseguinte o prazo para presentar alegacións remata hoxe Martes día 19/06/2018 ás 23:59 horas. Descargar comunicación

05-06-2018. ANUNCIO PROPOSTA RESOLUCIÓN PROVISIONAL ENTIDADES SOCIAIS 2018

Publicase a continuación o acordo adoptado en relación convocatoria de Concurso Público para a Concesión de Subvencións para Proxectos de Prestación de Servizos Sociais para o ano 2018. (BOP n.º 1 Martes de 2 de xaneiro de 2018).

Descargar proposta resolución

 


Área SOLICITANTES